O concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, nega as acusacións da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Reboreda, que o acusa de verter vinte camións con restos de terra e broza sen comunicarllo ós comuneiros e sen permiso por parte da directiva.
Vilaboa asegura que se chegou a un acordo verbal coa presidenta dos comuneiros, Rosa Fernández, para que se fixesen cargo dos residuos resultantes da limpeza de cunetas e rozas da “Senda da Auga”. Afirma o edil que chegaron a un acordo, tanto coa responsable da Comunidade de Montes como co presidente da Asociación de Veciños de Reboreda, Antonio Monteagudo, para o lugar onde se depositarían os restos. Vilaboa explicou que agora tratan de negociar novamente coa Comunidade de Montes para chegar a un acordo. Ao mesmo tempo Antonio Monteagudo, membro da directiva da Comunidade de Montes, solicitou unha reunión da Xunta Reitora para tratar este asunto. Desde o Concello de Redondela sinalan que a vertedura só contiña terra e broza, polo que non causa contaminación nin dano ao algún ao monte.