Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural e Social de Chapela ofrece clases de apoio a alumnos de Primaria

RR_Noticias

Dentro do seu programa social do ano 2012, pon en marcha un programa de voluntariado, para dar apoio escolar a nenos e nenas de primaria da parroquia para aquelas familias cuxa situación económica non lles permita custear unha academia privada.

Para esta actividade a Asociación Cultural e Social de Chapela conta coa colaboración desinteresada dunha profesora de primaria. Con este programa Asociación Cultural pretende axudar aos nenos e nenas nas súas tarefas escolares e resolver calquera dubida escolar que poida ter. As clases se impartiran durante tres horas semanais repartidas en dous días. A Asociación Cultural pretende cada ano dar resposta a necesidades sociais da parroquia realizando tanto actos culturais como cursos de formación, sempre coa colaboración, tanto dos grupos musicais que a forman, como de persoas anónimas comprometidas con estas necesidades
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará