Os de Jacobo Montes non fixeron o seu mellor partido, e perderon tres puntos en Santa Mariña nun partido no que foron a remolque. No resto de categorías os resultados foron en xeral negativos, agás a vitoria do Choco B na Segunda Autonómica. Mellor foron as cousas no balonmán con vitoria dos dous equipos locais.
Preferente Sur
Choco 1-2 Sanxenxo
Os redondeláns non tiveron intensidade no encontro disputado onte en Santa Mariña, e os primeiros 70 minutos de xogo foron aburridos. Nese minuto Óscar cometeu un penalti sobre Curri, e o lanzamento de Nel foi detido por Cortegoso. A xogada serviu para que os dous equipos se centrasen, o Choco permitiu que os visitantes asumiran o control do xogo e chegou o primeiro gol do Sanxenxo, cando Álex bateu por baixo ó porteiro local. Tras o gol os de Jacobo Montes tentaron reaccionar e acadaron o empate grazas a unha bolea de Saúl nun balón rexeitado á frontal da área. Pero a igualada durou pouco tempo. Caloi foi expulsado por dobre amarela e o Sanxenxo aproveitou a superioridade numérica para facerse coa vitoria. No minuto 90 Diego Blanco enviou o balón ao fondo da portería tras un rexeite do pau e o despexe de Cortegoso. Un resultado que deixa sen puntuar ó Choco, segunda derrota consecutiva do equipo local, que xa prepara o partido do domingo. Volven xogar na casa diante do Verín, cando o equipo ourensán está un punto por baixo dos de Redondela.
Segunda Autonómica
Santa Mariña 0-1 Choco B
O filial do Choco demostrou ser superior ós anfitrións nun encontro que gañou pola mínima. X asob 5º, e na próxima xornada volven xogar fóra, no campo do Lavadores (10º)
Candeán 3-1 Chapela
O Chapela non foi quen de igualar o envite ofensivo do Candeán, e a derrota déixaos na 8ª posición da táboa. A próxima xornada reciben ó pechacancelas, o Vilariño.
Soutomaior 2-0 A Lama
O Soutomaior impúxose no encontro disputado onte ante un rival que non fixo moitos méritos no Louranbal. A próxima xornada xogan no campo do pechacancelas do seu grupo, o Catoira.
Nespereira 0-6 Mos
O equipo de Pazos segue último da táboa do seu grupo. O equipo, recentemente ascendido, non é quen de adaptarse á categoría, e onte sufriu un duro revés diante do líder. Na próxima xornada xogan no campo do Cañiza.
Terceira Autonómica
Cesantes 1-2 Campaño
O equipo redondelán inaugurou a temporada cunha derrota na casa, logo dun encontro moi dividido. Na próxima xornada disputarase un interesante derbi comarcal, xa que xogan no campo do Arcade.
Balonmán
Primeira Nacional Masculina
Calvo Xiria 25-32 Chapela
O Solla&Cía Chapela foi moi superior ó seu rival, sobre todo no segundo tempo. Con todo, os de Fran Teixeira xa comezaron por diante no marcador e confirmaron o seu papel de favoritos ós postos de honra. Gañaron na complicada pista de Carballo sen dificultade, xa que logo duns primeiros minutos de igualdade, o Chapela púxose por diante e chegaron ó descanso con tres goles de vantaxe. Xa no segundo tempo demostraron todo o seu potencial rematando o encontro cunha marxe de sete goles de diferencia. Suma así dúas vitorias consecutivas nas dúas xornadas de liga, e a próxima semana reciben ao Covadonga, co que están empatados a puntos.
Primeira Autonómica
SAR Plastic Omnium 31-21 Artai Poio
Os redondeláns mantéñense invictos nesta liga logo dun partido no que foron moi superiores ó Poio. Xa no descanso a SAR avantaxaba ós rivais por 6 goles, cun 17-11 no marcador.