Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O xeneral” de Tanxarina inaugura a programación teatral da sala Disco Tasca Jamusinos

RR_Noticias

Este xoves arranca unha oferta teatral variada e de calidade na sala da avenida Mendiño. Os titiriteiros redondeláns serán os encargados de abrir a programación nunha gran festa de inauguración que comezará ás 22.00 horas con entrada de balde. Entre a oferta da Disco Tasca están nomes tan coñecidos como Cándido Pazó, Quico Cadaval, Carlos Blanco, Teatro do Noroeste ou Mofa e Befa.

O actor Paulo Medal, encargado da programación, explica que o obxectivo é ofrecer un cartel “variado e de calidade”, no que o público poida gozar dos máis prestixiosos monologuistas galegos, pero tamén coñecer propostas diferentes co humor do andaluz Elías Pelayo ou as improvisacións de Impro K baret. Para Medal é tamén importante que o prezo das entradas non sexa un impedimento para que todo o público asista, polo que “axustaron” o máximo posible para ofrecer uns prezos “moi asequibles”. O prezo é de 5 € en venda anticipada e 6 € na billeteira. Os socios Jamusinos terán desconto, e pagarán 2 € menos en cada caso, e ademais poden coller un abono para as nove funcións por un prezo de 25 €. Para facerse socio ou realizar reservas poden enviar un e-mail a reservasdiscotasca@gmail.com ou chamar ó teléfono 600.376.235.  

Paulo Medal organizador
Medal fálanos da programación teatral da sala Jamusinos.
Oferta cultural asequible
Unha oferta teatral variada de calidade e con prezos económicos para que poida asistir todo o público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará