Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematadas as obras de saneamento da praza de abastos de Soutomaior

RR_Noticias

Os traballos, que consistiron na instalación de peches hidráulicos, redes de pequena evacuación, colectores, baixantes e canais, supuxeron un investimento de 80.000 euros que foron cofinanciados polo plan Feder e a Xunta de Galicia.

 
Onte mércores o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, Ignacio Rial, acompañado do alcalde do Concello de Soutomaior, Agustín Reguera, fixeron unha inspección técnica a praza de abastos do concello para verificar a finalización dos traballos e comprobar que as obras se executaron de acordo co proxecto. O proxecto de mellora do saneamento da praza tiña como obxectivo a renovación das instalacións do mercado para lograr un funcionamento correcto e regular. En total supuxo un investimento de case 80.000 euros, concedidos ao abeiro da Orde das subvencións a concellos de Galicia, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013, para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará