Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor ferido ao chocar o seu camión contra unha vivenda en Quintela e quedar encaixado

RR_Noticias

O vehículo envorcou nunha curva da N-550 e esnaquizou un galpón antes de bater contra a casa, onde había tres persoas. O golpe foi brutal e fixo tremer a vivenda. Malia o aparatoso do accidente, que obrigou a cortar a estrada, o único ferido foi o camioneiro, que foi trasladado a un hospital vigués.

Como consecuencia do sinistro o galpón quedou moi danado, polo que o Grumir de Redondela procedeu a desmontalo para evitar accidentes. Pola súa banda, a vivenda non viu afectada a estrutura, aínda que si se produciron grandes gretas. No interior da casa atopábanse no momento do accidente tres persoas, unha delas de idade avanzada. Os momentos de maior tensión vivíronse cando a zona quedou sen subministración eléctrica ao arrastrar o camión os cables da luz, aínda que a reparación foi rápida e a desconexión durou pouco tempo. O accidente tivo lugar sobre a unha do mediodía á altura dos quilómetros 145 cando o camión, cargado con paneis solares, perdeu o control e encaixouse contra o galpón. No momento do impacto o vehículo atopábase practicamente parado, segundo puido comprobar a Garda Civil no conta quilómetros e pola freada que deixou o vehículo na estrada. Polo momento descoñécense as causas que causaron o sinistro, aínda que as primeiras investigacións apuntan a que puido ser un exceso de velocidade nunha curva considerada perigosa, e o movemento da carga como consecuencia da freada. Axentes policiais regularon o tráfico na zona até esta madrugada, cando foi posible retirar o camión.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará