Igualada entre o equipo redondelán e o Barco, cun resultado de 1-1. Adiantáronse os ourensáns nun partido moi disputado e con poucas ocasións de gol, no que os de Jacobo Montes souberon aproveitar as ocasións e anotaron o gol do empate ao comezo da segunda parte. O resultado deixa ó Choco na metade da táboa.
Preferente Sur
Barco 1-1 Choco
Os primeiros minutos foron de dominio do equipo ourensán, que tentou adiantarse no marcador en disparos de Víctor Veiga e David, pero estivo moi acertado o porteiro redondelán, Cortegoso. O Choco trataba á contra de buscar o gol, pero a defensa barquense estivo tamén moi acertada en todas as intervencións. No minuto 26 unha xogada moi ben elaborada por toda a dianteira local acababa cun disparo de Diego que bate a portaría de Cortegoso. Logo do descanso as cousas póñenselle mellor ó Choco, xa que no primeiro minuto de xogo Calvi rematou ao fondo da rede e puxo o empate no marcador. O partido quedaba aberto para os dous equipos, que querían sumar os tres puntos, pero as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia nas dúas portarías. Os barquenses tiveron dúas ocasións en disparos de Presas e Víctor Veiga, pero estivo moi acertado o porteiro Cortegoso. Nos minutos finais o Choco adiantou liñas para tratar de aproveitar o cansazo dos locais, pero Manu Taranilla estivo tamén moi acertado nos lanzamentos dos dianteiros redondeláns. Ao final, empate a un gol, un resultado xusto e que lle permite aos dous equipos seguir nos postos altos da clasificación. A próxima semana o Choco recibe en Santa Mariña ao pechacancelas, o P.Ourense.
Segunda Autonómica
Choco B 2-3 Coruxo
Derrota na casa dos redondeláns nun encontro con moitos goles, no que o equipo vigués soubo aproveitar mellor as ocasións. A próxima xornada o filial do Choco xoga no campo do pechacancelas, o Sárdoma.
Victoria 1-0 Chapela
Os redondeláns deixaron tres puntos no campo dun dos equipos máis forte da liga, o Victoria, e desaproveitou un tiro ó pau. Na próxima xornada reciben ó R. Bouzas B.
Soutomaior 2-1 Mosteiro
Os de Soutomaior suman tres puntos que os deixan na parte alta da táboa. O domingo xogarán no campo do C.Lameiro, o 3º clasificado.
Nespereira 0-5 Neves
O Nespereira non se está a afacer á categoría, e aínda non sumou ningún punto no que levan de liga. Están a encaixar moitos goles, como esta pasada fin diante do equipo das Neves. A próxima xornada xogan no campo do Arbo.
Terceira Autonómica
Cesantes 2-1 Santomé
A vitoria deixa ó Cesantes na metade da táboa logo dun partido moi disputado. A próxima xornada xoga no campo do Moaña B, co que está empatado a puntos.
Caroi 1-1 Arcade
Reparto de puntos nun encontro moi igualado. O próximo domingo os de Soutomaior reciben a un dos equipos máis frouxos do grupo, o Xeve.