A Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas adxudicou as obras de construción de beirarrúas en Amoedo, Pazos, Xunqueiras e Moscoso, nas estradas PO-252 e PO-250. Por mor das obras haberá cortes de tráfico na PO-253 en Prado-Pazos de Borbén, motivado pola reparación dun terraplén, para o que se habilita un desvío pola EP-2705.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou hoxe as obras de construción de beirarrúas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vai acometer nos núcleos de Xunqueiras, Moscoso, Pazos e Amoedo, todos eles pertencentes ao Concello de Pazos de Borbén. Os núcleos de Moscoso, Pazos e Amoedo atópanse nas marxes da PO-250 entre Redondela e Forzáns mentres que o núcleo de Xunqueiras pertence á estrada PO-252 Mondariz-Moscoso. Encádranse dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia. A actuación, adxudicada a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) por 115.000 euros á empresa Construcións Cadevergazo, beneficiará a preto de 3.200 veciños e veciñas do municipio de Pazos. O prazo de execución dos traballos é de dous meses. Por outra banda, a Axencia Galega de Infraestruturas informou de que desde mañá, 17 de decembro ata o 1 de decembro haberá un corte na PO-253, en Prado-Pazos de Borbén, motivado pola reparación dun terraplén e a restitución da calzada entre os PK 10+400 e 11+000. Os desvíos debidamente sinalizado realizaranse pola estrada EP-2705.