Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música tamén é “puro teatro”

RR_Noticias

A Coral Piñeiral celebra o sábado o seu 14º aniversario cun concerto moi teatral. Máis de medio cento de artistas subirán ó escenario para cantar, recitar, bailar e interpretar pezas da tradición galega e universal. Da muiñeira á habanera, das regueifas de cabaleiro ós alalás, da foliada á música brasileira. Un amplo repertorio no que contarán coa colaboración da actriz Charo Pita.

A Asociación Coral O Piñeiral de Chapela diversifica a súa programación cun concerto no que pretenden exaltar “o folclore e costumes da terra”. A actuación consistirá nunha posta en escena “teatral e musical” de pezas representativas de compositores, poetas e escritores galegos de todos os tempos. Ánxeles Babarro, presidenta da asociación, salienta que será “o amor” o eixo central do espectáculo, con varias seccións. En “Sons do Pobo” ofrecerán a música tradicional, coa “Música nos Pazos” achegarán ós espectadores ós salóns do século XVIII. Con “Poetas no Pentagrama”, ofrecerán temas de autores como Ramón Cabaillas, Curros Enríquez, Rosalía, Castelao, ou Eduardo Pondal, e pezas de músicos galegos como Veiga, Soutullo ou García Boente. Fenómenos coa a emigración, pero tamén as romarías e festas estarán presentes no concerto, para o que contarán coa colaboración do grupo de Gaitas do Círculo de Chapela. A cita é o sábado, ás 20.00 horas, no Multiusos do Piñeiral, con entrada de balde.  

Ánxeles Babarro presidenta
O teatro forma parte do espectáculo.
As cancións de amor
O amor será o eixo central do concerto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará