Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola Infantil do Colexio de Angorén podería entrar en funcionamento no curso 2013-2014

RR_Noticias

A Consellería de Igualdade e Benestar deixa en mans do Consorcio Galego de Servizos a posta en marcha da gardería, que contará con 61 prazas para nenos de 0 a 3 anos. Construirase nos baixos do CEIP Alexandre Bóveda, actualmente en desuso, e non no colexio de Laredo, como se informou anteriormente.

A concelleira de Ensino, Teresa Paris, agarda que esta Escola Infantil sexa unha realidade “canto antes”, aínda que polo de agora a única notificación oficial é a publicación no DOG de que se encomenda ó Consorcio para que xestione a posta en marcha da gardería, sen fixar prazos. No Concello agardan que o proxecto “se axilice” e poidan ofertarse as prazas no mes de abril de 2013, para comezar o próximo curso 2013-2014. París entende que con esta gardería cúbrese unha necesidade que os veciños demandan “desde hai anos”, e valora positivamente a súa situación, en Angorén, “no centro da parroquia”. Para a responsable local de Ensino e Servizos sociais a construción da gardería vai resolver tamén outro problema do CEIP Alexandre Bóveda, que é a situación de insalubridade dos seus baixos. O local está actualmente aberto e presenta problemas para o colexio xa que está “cheo de humidades e lixo”. Coas obras da gardería estes baixos quedarán “perfectamente acondicionados”, segundo explica París. A concelleira admite que descoñece como será o proxecto e a distribución dos espazos, pero agarda que parte deste soto poida ser utilizado polo CEIP para clases extraescolares ou outras actividades.  

Teresa París concelleira de Ensino
Desde o Concello agardan que a gardería sexa unha realidade canto antes.
Localización en Angorén
Para a concelleira a ubicación en Angorén é positiva e facilitará a mellora do soto do CEIP Alexandre Bóveda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará