Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos para o Día das Bibliotecas

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal do Piñeiral do Crego celebra esta festividade co contacontos “O cullarapo Croque”, unha historia de Miguel A. Alonso Diz dirixido a rapaces de ata 10 anos e no que haberá música e sorpresas. Ademais todos os que leven algún préstamos das bibliotecas de Redondela no día de hoxe levarán como agasallo unha camiseta.

Este mércores 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca. Na Biblioteca Municipal de Chapela, no Multiusos do Piñeiral, van a celebralo cunha actividade para toda a familia. A cita é ás 18.30 horas co contacontos titulado “O cullarapo Croque”, unha cría de ra que é o protagonista do libro de Miguel Anxo Alonso Diz. Será o propio autor o encargado de facer chegar ó público as súas historias, acompañando as súas poesías de música e algunhas sorpresas. Ademais nas Bibliotecas Municipais, tanto en Redondela como en Chapela, regalarase hoxe a todos os usuarios que leven algún préstamo unha camiseta da Campaña de Animación á Lectura María Moliner.  

María Xosé Villar
Desde a biblioteca fálannos deste conto infantil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará