Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle un Obradoiro Internacional de Tradución Poética con recitais abertos ao público

RR_Noticias

“Con barqueira e remador” é o título desta iniciativa organizada pola poetisa galega Yolanda Castaño e no que participan outros seis autores de prestixio en lingua finesa, croata, rusa, catalá, islandesa e eslovena. Desde o luns e ata o sábado traballarán na illa, pero tamén ofrecerán actividades abertas ao público en Redondela, Vigo e Pontevedra.

É unha iniciativa pioneira en Galicia aínda que concibida a semellanza doutras moitas que se celebran no mundo. Castaño, promotora do obradoiro, sinala que elixiu San Simón pola inspiración do poeta Mendiño, xa que a illa de Redondela é “o berce da lírica galega”. Os poetas convidados son Marko Pogačar (croata), Merja Virolainen (finés), Txema Martínez (catalán), Brane Mozetič (esloveno), Margrét Lóa Jonsdóttir (islandés), Sergej Timofejev (letón de expresión rusa) e a propia Yolanda Castaño. A escritora galega fai fincapé tamén en que todos se expresan en linguas que non teñen a presenza do inglés ou o castelán, e que o obxectivo é demostrar que tamén se poden facer traducións dunhas linguas minoritarias a outras. Ademais das xornadas de trabalo na illa, tamén hai un programa de actividades abertas ó público. O martes, día 30, ás 19:30 horas, cunha Mesa Redonda titulada”Cercando as ondas”no Pazo de Mugartegui, Pontevedra. O mércores 31 outubro, ás 19:30 horas ofrecen un recital poético multilingüe no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. O xoves 1 novembro, ás 17:30 horas ofrecen “Un paseo literario polo Vigo de onte” na rúa Urzaiz de Vigo. O venres, 2 novembro, ás 20:00 horas, o broche de ouro será en Redondela, co recital poético multilingüe “Atendendo ó meu amigo”, no Multiusos da Xunqueira. Yolanda Castaño sinala que é unha excelente oportunidade para que todos aqueles que teñen “certos reparos” coa poesía, poidan achegarse dun xeito ameno ó traballo destes sete poetas actuais.  

Yolanda Castaño poetisa
A promotora do obradoiro defende a elección de San Simón por ser un referente poético en Galicia.
Linguas minoritarias
Castaño salienta a importancia de poñer en valor linguas que non teñen unha presenza masiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará