A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe aprobar o Convenio de Colaboración entre a institución provincial e o Concello de Redondela para levar a cabo o investimento “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña en Redondela”.
O investimento necesario para a realización das mencionadas obras serán financiados ao 50% entre o Concello de Redondela e o ente provincial, cun importe de 239.979,64 euros cada administración. O actual campo do Choco xa fora remodelado pola Deputación hai dez anos. Agora, nunha primeira fase, construiranse dous campos de fútbol 11 e catro de fútbol 7 e, nunha segunda, construiranse gradas, vestiarios e outras dependencias.