Os redondeláns resolveron o encontro diante do Porriño cunha cómoda vitotoria por 34-26, que os mantén como líderes en solitario da Primeira Autonómica. Na Primeira Nacional o Solla &Cía Chapela perdeu a primeira praza ao perder diante do Zamora. No fútbol, o Choco ofreceu a súa mellor cara ao gañar por goleada ao Estradense.
Balonmán Primeira Autonómica
SAR Plastic Omnium 34-26 Bm.Porriño
Os redondeláns non deron opcións ó equipo da Louriña, e resolveron o partido en poucos minutos, chegando ó descanso cun marcador de 18-9. Manteñen así o liderado da categoría en solitario, e están a tres puntos dos segundos clasificados, o Granitos.
Balonmán Primeira Nacional
Solla&Cía 33-39 Zamora
Os zamoranos deixaron fóra de xogo ó equipo de Fran Teixeira, cunha forte intensidade defensiva fronte a un pobre ataque dos locais. O equipo de Chapela non tivo o seu mellor día, e tampouco conseguiron reaccionar despois do descanso. Perden así o liderado da categoría, e quedan a un punto de Zamora e At.Novás, que encabeza a clasificación. E será no pavillón do Novás, o próximo sábado, onde se volva decidir o liderado do grupo, xa que ata alí se despraza o conxunto de Teixeira.
Preferente Sur
Choco 4-0 Estradense
O Choco, tras un comezo de tempada algo irregular, empeza xa a parecerse seriamente ao conxunto que rozou coa punta dos dedos o ascenso á Terceira División a tempada pasada. Estes tres puntos levan ó equipo de Jacobo Montes á 6ª praza do grupo. A vitoria no campo do Pontellas (1-4) e especialmente os segundos 45 minutos do choque de onte fronte ao Estradense (4-0) lembraron ao equipo que brillou a pasada campaña polo seu bo fútbol e a súa capacidade goleadora. O Choco empezou a encarrilar a súa vitoria ao fío do descanso. Diego, desde trinta metros, sorprendeu a Makelele colocando o balón por encima súa dentro da súa portaría (1-0, min.40). Ero, Chus e Ropero certificaron a goleada. Na próxima xornada xogan no campo do Portonovo.
Segunda Autonómica
Chapela 2-2 Nieto. A próxima xornada o Chapela xoga no campo do Chaín.
Castrelos 1-1 Choco B. A próxima xornada o filial do Choco recibe ó Teis.
Noalla 3-1 Soutomaior. O próximo domingo reciben ó Marín B.
S.Salvador 6-0 Nespereira. Próxima xornada Nespereira-Ribadelouro.
Terceira Autonómica
Cesantes 3-1 Presqueiras. Na próxima xornada Cesantes-Atl.Estación
At.Vilar descansou. Próxima xornada At.Vilar-Santa Eulalia
Arcade 1-2 San Andrés. Próxima cita Campañó-Arcade