Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela participa na Feira Profesional de Gastronomía de Bilbao para promocionar o choco

RR_Noticias

A confraría participa na mostra co seu produto estrela, o choco. O cefalópodo será degustado polos visitantes a esta feira, logo de que un chef de Euskadi, Agustín Martínez, o cociñe na xornada de hoxe.

O Patrón Maior do Pósito, Clemente Bastos, destaca a importancia desta feira para potenciar o consumo do choco redondelán no País Vasco, unha comunidade na que se aprecia moito a gastronomía e a materia prima “de calidade”. Bastos explica que o principal obxectivo é dar a coñecer a calidade do choco da enseada de San Simón fronte ao foráneo, xa que en Euskadi consumen sobre todo o cefalópodo procedente de Francia, e está convencido de poder abrir así este mercado para o produto redondelán. Actualmente o cefalópodo de Redondela conta cun gran prestixio en toda Galicia e noutras comunidades ás que se exporta como Cataluña e a Comunidade Valenciana, onde existe unha elevada demanda deste produto. Bastos acode á feira bilbaína xunto con representantes da confraría de Cangas, que promocionan as navallas, e de Bueu, que fai o propio co polbo da ría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará