O filme, baseado nunha historia real conta no seu reparto con Winona Ryder e Angelina Jolie, e relata a vida dun grupo de mozas americanas que en 1967 son recluídas nun psiquiátrico. A cita é no Multiusos da Xunqueira, o venres, ás 19.30 horas con entrada de balde.
É a terceira proxección que organiza Lendo a Lenda, logo de “Birdy”, de Alan Parker, e “Las tres caras de Eva”, de Nunnally Johnson. Jose Luis Ezama e Francisco Somoza, explican que o obxcectivo deste ciclo de cine é “achegar á sociadade a problemática das enfermedades mentais, compartir distintos puntos de vista, inquedanzas e experiencias”. Unha reflexión colectiva que utiliza o cine cunha selección de películas escollidas “pola súa temática e tamén pola súa calidade artística”. A última das proxección é o filme de James Mangold, que lle valeu a Angelina Jolie o Óscar e o Globo de Ouro como mellor actriz secundaria. Ao remata da longametraxe haberá un coloquio para que os participantes poidan facer a súa valoración e intercambiar opinións. Para a asociación cultural Lendo a Lenda este programa de cine “cumpriu cos seus obxectivos”, e agardan a participación do público na última cita, mañá venres.