Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local repartiu máis de 5.000 boletos para o sorteo de 2.000 euros en vales de compra

RR_Noticias

Continúa en Redondela a campaña “As compras na túa vila teñen premio” ata o vindeiro venres 16 de novembro. A iniciativa premiará con 2.000 euros as compras nos establecementos da localidade co sorteo de tres tarxetas regalo de 200 euros e 14 tarxetas regalo de 100 euros. A entrega de premios farase o venres, nunha festa con animación, música e espectáculo de maxia.

Os consumidores de Redondela están a amosar un gran interese por esta campaña, e todos aqueles que o desexen aínda teñen tempo de participar. Como explica Julia Alonso, da Asociación de Empresarios de Redondela, o único que teñen que facer é achegarse á carpa situada na Praza da Constitución cos seus tickets de compra, e alí recibirán os boletos para participar no sorteo. Ata o de agora foron máis de 5.000 os boletos repartidos entre os clientes, pero agardan que sexan moitos máis. Aínda teñen tempo de participar no sorteo, que se celebrará o vindeiro venres, 16 de novembro, na pista da Xunqueira, dentro dunha gran festa de fin de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. Comezará ás 16.30 horas coa animación de pasarrúas , zancudos e malabaristas, ás 18.30 horas o espectáculo de Maxia cómica ” Rey Midas ” e ás 19.30 a actuación do grupo The Three Glicéridos. O sorteo e a entrega de premios será ás 20.00 e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores. Destacar ademais que os clientes que pagaran as súas compras coa Tarxeta Comercio de Novagalicia Banco, duplican a súa participación, xa que obterán dous boletos por cada ticket presentado. A campaña está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco.  

Julia Alonso da Asociación de Empresarios
Os comerciantes agardan unha boa acollida por parte dos clientes.
Festa Fin de Campaña
Desde as 16.30 horas haberá animación música e espectáculos de maxia na pista da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará