Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide a reforma da Lei Hipotecaria para evitar “o drama” dos desafiuzamentos

RR_Noticias

Os nacionalistas proporán no próximo pleno da corporación unha modificación da Lei Hipotecaria e medidas sociais contra os desafiuzamentos. Entre as propostas do Bloque está a dación en pago e os alugueres sociais cando na familia existan menores ou persoas dependentes.

O pleno do Concello redondelán debaterá no seu próximo pleno sobre os desafiuzamentos, un drama social “de dimensións preocupantes”, segundo entende o BNG. Entre xaneiro e xuño deste ano a xustiza ten autorizado en Galicia o desafiuzamento de máis de 3.000 vivendas ou negocios por non poderlle pagar ao banco, e téñense iniciado máis de 48.000 procesos de execución. En total, desde o principio da crise en 2007, son máis de 9.000 expedientes que afectan a familias galegas. O BNG denuncia que a banca, que ten recibido “miles de millóns de diñeiro público non quere adoptar medidas voluntarias para resolver este problema”. Por iso o BNG demanda medidas lexislativas e sociais para impedir este “desaforo”, e para atender os casos “máis dramáticos” e evitar o desamparo de familias “en situación económica extrema”. O acordo que presentan os nacionalista supón instar á Xunta para que demande do Estado a modificación da Lei Hipotecaria, “con carácter retroactivo”. Entre as propostas do BNG inclúese a dación en pago ou extinción do crédito coa entrega da vivenda, e a garantía do aluguer social da mesma vivenda sobre todo cando existan menores ou persoas dependentes. Tamén piden estabelecer un réxime especial no caso da execución de préstamos cando se refire á vivenda habitual ou aos negocios comerciais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará