Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en valor a enseada de San Simón

RR_Noticias

O proxecto, denominado “Mar, traballo e patrimonio: descobre a enseada de San Simón”, aposta por este enclave como un referente turístico, pesqueiro e natural que hai que potenciar. Para iso o Concello porá en marcha visitas guiadas dirixidas a estudantes, que se complementan coas viaxes en barco á illa de San Simón e a posta en marcha do Centro de Interpretaciónda Batalla de Rande, Meirande.

O programa está dirixido a escolares de 3º e 4º da ESO, que poderán coñecer mellor esta contorna natural e a actividade pesqueira e marisqueira da zona. A iniciativa foi presentada onte polo alcalde, Javier Bas, e a delegada da Xunta, María José Bravo Boch. O proxecto conta cun investimento de 20.300 euros de subvención dos Grupos de Acción Costeira (GAC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Pesca. O obxectivo do Concello con esta iniciativa é “interrelacionar todas as actividades municipais ao redor da Enseada de San Simón”. De feito o proxecto inclúe a posta en marcha do museo sobre a batalla de Rande “Meirande”, rutas en barco pola enseada coa visita guiada á illa de San Simón, xornadas de voluntariado ambiental para campañas de limpeza no litoral, charlas e coloquios sobre o patrimonio industrial da enseada e a creación dunha páxina web. Este é un dos 23 proxectos aprobados pola Consellería de Medio Rural e do Mar dentro dos Grupos de Acción Costeira da provincia de Pontevedra. No ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, concedéronse un total de 7 proxectos cun investimento superior aos 146.000 euros, mentres que no conxunto da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia investiu máis de 2 millóns de euros para financiar ata 53 proxectos.  

Javier Bas alcalde de Redondela
O Concello busca promocionar os valores pesqueiros turísicos e naturais da enseada.
María José Bravo delegada da Xunta
A delegada valora que o proxecto recolla todos os aspectos do enclave natural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará