Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Mulleres Arela conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

RR_Noticias

Proxeccións de cine, charlas e obradoiros compoñen a programación desta asociación de Saxamonde para celebrar o 25 de novembro. O seu obxectivo é sensibilizar, concienciar e facer reflexionar en común sobre importancia que ten a educación na igualdade.

As propostas pretenden valorizar as boas prácticas nas relación afectivas e sociais, a adquisicións dunha visión de xénero a nivel persoal, social e laboral. Queren así contribuir ao crecemento persoal das mulleres e mellorar o entorno onde desenvolven a súa vida.
A programación conta coas seguintes actividades. O domingo, día 25, proxectan o filme “Solas”, ás18.00 horas no Centro Cultural Chan das Pipas, e logo haberá un coloquio coa pedagoga Beatriz Arbones. O venres, día 30, organizan unha charla titulada “A violencia de xénero”, con Rosa Fontaiña, Coordinadora da Asoción Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, de Vigo. Será na Escola Vella de Saxamonde ás 18.00 horas. O mércores, 5 de decembro, organizan o obradoiro “Camiños ao bo trato: impulsando igualdade” con Carmen Clavería, Psicóloga Clínica, experta en violencia de xénero. Será ás 17.00 horas no Centro Cultural Chan das Pipas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará