Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente remata os traballos de mellora e conservación en 2.000 metros do río Alvedosa

RR_Noticias

Consistiron na retirada de troncos e ramas que invadían o leito do río e tamén se procedeu á recollida do lixo e plásticos presentes na zona. A Xunta realiza este tipo de accións de mantemento nos ríos galegos no marco dun programa para conseguir unha axeitada conservación dos contornos fluviais da comunidade.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar os traballos de limpeza e mantemento dun tramo de dous quilómetros do río Alvedosa, no Concello de Redondela. Os traballos centráronse na retirada de árbores, troncos e ramas, e restos de material vexetal, que se atopaban no leito do río, e procedeuse ao clareo da vexetación espinosa que medraba nas marxes do río e o desbroce selectivo da vexetación acuática nos puntos onde o leito do río se atopaba invadido. Os operarios tamén procederon á recollida de lixo e plásticos presentes na zona. O importe desta actuación de conservación implicou un investimento de 14.000 euros. A Xunta executa este tipo de accións de mantemento nos ríos dos concellos galegos no marco dun programa para conseguir unha axeitada conservación dos contornos fluviais da comunidade. No caso do río Alvedosa, trátase do contrato de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará