Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños da Portela únense contra a instalación dun transformador na contorna da estación

RR_Noticias

Na zona viven unhas corenta familias e entenden que a instalación eléctrica pode supoñer un prexuízo para a súa saúde. O presidente da Asociación de Veciños de Cedeira, Carlos Covelo, defende a postura dos residentes na zona, e entende que haberá que buscar un lugar alternativo para situar o transformador.

As obras comezaron a pasada semana nun terreos expropiados, e os veciños conseguiron o venres paralizar os traballos. Os afectados consideran que a zona non é adecuada para unha instalación eléctrica como a que se pretende instalar, e esixen que se traslade a outro lugar afastado das vivendas. O presidente da asociación de veciños San Bernardo de Cedeira, Carlos Covelo, expresou o seu total apoio ás reivindicacións, xa que se trata dunha zona residencial onde existe tamén un parque infantil. Hoxe manterán unha xuntanza co alcalde, Javier Bas, para tratar de buscar unha solución alternativa “que non prexudique ós veciños”.    

Carlos Covelo presidente da AA.VV
A asociación comparte a preocupación dos veciños e apoia a paralización das obras.
Un emprazamento alternativo
Os veciños pretenden chegar a un acordo para que o transformador se instale nun lugar afastado das vivendas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará