Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón celebrar unha xuntanza con Fenosa, grupos políticos e veciños afectados da Portela

RR_Noticias

Ante o rexeitamento dos veciños á instalación dun transformador de media tensión no barrio, o grupo nacionalista levará ó pleno do próximo día 13 de decembro unha moción para que se convoque unha reunión na que todas as partes implicadas poidan analizar a situación e achegar solucións alternativas.

O Bloque entende que son varias as parroquias de Redondela afectadas polas liñas de media e alta tensión que a empresa Unión Fenosa veu instalando ao longo dos anos, e que non numerosos os estudos elaborados “sobre os efectos medioambientais e sobre a saúde pública que se producen pola exposición continua aos campos electromagnéticos producidos polas liñas de alta e media tensión, as subestacións, transformadores e outras infraestruturas eléctricas”. As obras para instalar un Centro de Transformación de Media Tensión no barrio de Portela-Outide, no lugar de Baixada á Estación, o pasado mes de novembro, xerou un forte rexeitamento por parte dos veciños das obras. Días despois de que o Concello paralizara as obras a empresa reiniciou os traballos ante a preocupación dos residentes, pois consideran que instalacións deste tipo poden ter “unha incidencia negativa para a súa saúde”, temor baseado na elevada porcentaxe de enfermos con cancro entre os veciños da zona. En varias ocasións solicitaron ó Concello o traslado desta instalación a unha zona “afastada das vivendas e do parque infantil”. O BNG entende que, aplicando o principio de “precaución xeneralizada”, o Concello debe garantir o benestar e a saúde dos seus veciños, polo que solicita do pleno que se convoque unha xuntanza na que participen unha representación dos veciños, representantes de Unión Fenosa e dos grupos políticos presentes na Corporación para buscar alternativas a esta problemática.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará