Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O temporal deixa pequenas incidencias en Redondela

RR_Noticias

Balsas de auga nas estradas, pequenos asolagamentos, caída de árbores, o derrube dun muro no Pousadouro, son as consecuencias máis salientables do temporal de chuvia e vento que azouta a toda Galicia, e que deixou refachos de 122 km/h en Redondela.

O temporal Nicki, que afecta a toda a bisbarra, deixou en Redondela un bo número de incidentes, aínda que afortunadamente, ningún causou danos persoais. Policía Local e Grumir realizaron numerosas intervencións por caídas de árbores sobre a estrada, tendidos eléctricos e de cabreado de telefónica en diferentes puntos do municipio, como nas parroquias de Vilar de Infesta, Santo Estevo de Negros, e na zona da Marisma, entre outros.
O forte vento, que rexistrou refachos de 122 km/h, provocou tamén a caída dun muro en Pousadouro e dun farol na rúa Regateiras, na zona da Praza de Santiago. Ademais numerosos colectores do lixo tiveron que ser retirados das estradas logo de ser arrastrados polo vento, segundo os datos do Grumir e a Policía Local.
O temporal tamén obrigou a desviar a traxectoria dalgúns voos no aeroporto de Peinador que tiveron que regresar a Madrid. A chuvia e o vento están a ser moi intensos en toda a zona das Rías Baixas como se reflicte nas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia que rexistraban 134 litros de auga por metro cadrado en Fornelos de Montes e refachos de 100 km/h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará