Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco resolve o encontro en 20 minutos

RR_Noticias

O cadro redondelán deulle a volta a un marcador adverso contra o Pontevedra B nos primeiros compases do partido. Os de Jacobo Montes fixeron un bo xogo, sobre todo na primeira metade. Peor sorte correron os equipos de Segunda Autonómica, que perderon os seus encontros.

Preferente Sur Choco 3-1 Pontevedra B O Choco deu a volta en apenas vinte minutos a un partido que se lle complicou cando aínda non se cumprira o primeiro minuto de xogo. Nunha interesante primeira parte, o conxunto de Jacobo Montes deixou decidida a súa vitoria ante o Pontevedra B (3-1). Aínda non pasaran 40 segundos de encontro cando Cortegoso saíu da súa área a despexar de cabeza e Pedro, cunha boa volea, conseguía o 0-1.Julio asinou o empate cun pase atrás que se atopou co intento de despexe de Rizo, que acabou marcando na súa propia portaría (1-1, min.4). No minuto 14, Julio, outra vez, foi o protagonista do 2-1 cun bo desmarque ao espazo que lle deixou só ante Edu ao que superou por arriba na súa inocente media saída. Ropero marcou o 3-1 no minuto 22, e o choque tranquilizouse. O partido chegou ao descanso, que na práctica supuxo o seu fin, porque na segunda metade non houbo ocasións nin xogadas de interese por parte de ningún equipo. A vitoria deixa ó Choco na 6ª praza da táboa. A próxima xornada xogan no campo do Gondomar, o 4º do grupo Segunda Autonómica Choco B 0-2 Candeán O filial do Choco é 10º logo da derrota diante do equipo vigués. A próxima xornada xógase o Vilariño-Choco Sárdoma 1-0 Chapela O conxunto de Chapela é penúltimo logo da derrota pola mínima en Sárdoma. A próxima xornada reciben ó Coia.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico fálanos do partido
Temporada
Montes valora en positivo os resultados deportivos e tamén a xestión do club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará