Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e Deputación asinan un convenio para a colocación de herba sintética en Santa Mariña

RR_Noticias

A institución provincial aportará 240.000 euros que permitirán cambiar a herba sintética do campo principal, a construción dun novo, ademais do acondicionamento das zonas anexas para solucionar os problemas de asolagamentos que sofren as instalacións. Esta é a primeira fase dun proxecto máis ambicioso que tamén contempla a construción de pistas de pádel, tenis e skate e instalacións complementarias en Santa Mariña.

O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o Alcalde de Redondela, Javir Bas, asinaron este xoves un convenio de colaboración co fin de levar a cabo as obras do proxecto de “Infraestrutura básica necesaria para a posterior instalación de herba sintética no complexo deportivo de Santa Mariña”. A Institución Provincial apartará 240.000 euros, cos que se executarán ás obras, aos que hai que sumarlle os 299.939,12 euros achegados polo Concello que serviron para a adquisición da herba sintética. O Presidente da Deputación amosaba a súa satisfacción pola execución destas obras de mellora “moi necesarias para Redondela” e amosaba o seu compromiso para apoiar a execución da segunda parte do proxecto que se centrará nos bestiarios, a grada e o alumeado do complexo. O Alcalde de Redondela agradecía a boa disposición da entidade provincial e destacaba a importancia da súa achega sen a cal, subliñaba, “non se podería comezar as obras”. Un proxecto máis complexo cuxa execución dependerá, como recoñecía, Javier Bas, da disposición orzamentaria. As obras consistirán na retirada do céspede actual do campo principal coa súa carga de area e caucho para instalar unha nova capa de aglomerado asfáltico coas pendentes adecuadas para unha drenaxe correcta da auga que evite os asolagamentos ademais da instalación dun céspede artificial monofilamento de última xeración. A esta actuación súmase a construción doutro campo de fútbol de herba sintética, anexo ao anterior, que terá unhas dimensión de 100 metros por 55 metros. Os dous campos contarán con sistemas de rega a través de canóns, desaugadoiros que recollerán a auga en dous tanques enterrados que serán empregados para a rega. Tamén se instalarán varandas de protección de aluminio nos laterais dos campos e o equipamento completo, neste último caso, con porterías, bancos de xogadores, redes, entre outros. O comezo das obras será acordado entre a dirección do Club Deportivo Choco e o Concello para que a execución das obras provoque as menores molestias posibles no discorrer da tempada dos equipos que empregan as instalacións de Santa Mariña.

Alcalde Redondela Javier Bas
O rexedor local destaca a importancia da colaboración da Deputación para a execución das obras.
Presidente Deputación Rafael Louzán
Louzán incide no compromiso da institución provincial para a execución da primeira e segunda fase.
Obras a executar
O técnico encargado da redacción do proxecto explica en que consistirán os traballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará