A condutora circulou durante varios quilómetros en sentido contrario pola autoestrada até provocar un accidente á altura de Redondela. O seu vehículo acabou encaixado contra a varanda tras chocar contra outro turismo á altura do Alto da Encarnación.
Segundo informaron fontes da Central de Emerxencias 112-Galicia, pasada a medianoite de onte recibíronse varias chamadas alertando de que un vehículo circulaba polo carril contrario da AP-9 nas inmediacións de Vigo. Como consecuencia, durante a súa traxectoria, o coche, conducido por unha muller de 37 anos, chocou con varios vehículos de forma leve, ata que provocou un sinistro que conseguiu parar a súa traxectoria. Este choque tivo lugar preto das 00.15 horas á altura de Chapela, até onde acudiron efectivos da Garda Civil e do 061. O vehículo que conducía a muller chocou contra outro que circulaba de forma correcta polo seu mesmo carril. Ambos os coches quedaron desprazados, aínda que por fortuna ningún dos condutores resultaron feridos de gravidade. A Garda Civil detivo á condutora para interrogala.