Hoxe venres, aproveitando a xornada de feira, membros deste colectivo están a concentrarse diante das sucursais de NGB de Redondela, onde permanecerán ata as 12.00 horas, tanto na oficina da Praza de Ribadavia como a de Alfonso XII. Deste xeito queren facer un chamamento e denuncia a esta entidade e a todos aqueles organismos públicos que teñen na súa man a solución desta problemática.