Os locais adiantáronse as once minutos de xogo cun gol de Víctor de tiro cruzado. O cadro redondelán tentou a igualada pero a falta de acerto impediulle anotar nun encontro no que as forzas estiveron moi repartidas.
Preferente Sur
Gondomar 1-0 Choco
Os primeiros minutos de xogo foron de dominio local, aínda que logo de media hora de xogo os de Jacobo Montes comezaron a demostrar tamén o seu potencial. Tras o descanso e aos dous minutos, o árbitro tivo que parar o partido pola irrupción dun can no terreo de xogo. Os xogadores dun e outro equipo tentaban collelo e os afeccionados pasaron minutos moi entretidos. O partido que estivo parado catro minutos. As forzas de ambos os equipos eran moi igualadas e houbo perigo nas dúas áreas, pero o marcador non se moveu, logo dun encontro no que os dous conxuntos ofreceron unha gran deportividade a pesar da expulsión de Saúl.