Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A remodelación do pavillón de Chapela inaugúrase con balonmán internacional

RR_Noticias

O pavillón municipal, que remata de ser reformado, será inaugurado este domingo coa celebración dun partido entre a selección Galega e Australiana de balonmán. Unha tarde dedicada a este deporte na que tamén participarán os rapaces das Escolas Deportivas da Deputación que disputarán varios encontros a partir das 17.00 horas. A cita aproveitarase tamén para a inauguración da Escola de Música de Chapela. A entrada é de balde.

O balonmán internacional chega a Chapela da man do partido que van xogar este domingo a selección Galega e Australiana ás sete da tarde no Pavillón de Chapela, nunhas instalacións que rematan de ser reformadas e que serán inauguradas precisamente nesa xornada. O alcalde de Redondela, Javier Bas, amosaba a súa satisfacción polo feito de que Redondela fose escollida como lugar para a celebración deste partido. Un encontro no que poderemos ver o bo xogo da selección galega, que tamén ten representación local, non só entre os seus xogadores, entre os cales atopamos a Roberto Sánchez Figueroa, senón tamén na dirección do equipo, xa que o seleccionador é Francisco Teixeira Lloret, adestrador do Chapela. Unha “oportunidade única para ver a calidade que ten o balonmán galego” “que daría para dous equipos”, segundo apuntaba Teixeira, xa que da selección inicial quedaron fóra moitos xogadores da liga Asobal. Antes da celebración do partido entre ambas seleccións, xogarán os nenos das escolas base da Deputación, nas que participan máis de 2.500 cativos “o que demostra a canteira que ten o balonmán galego”. Os rapaces xogarán varios partidos a partir das 17.00 horas e tamén sairán á cancha xunto aos xogadores da selección Galega e Australiana. Unha “ocasión única para que os nenos poidan ver a xogadores de calidade e comprobar até onde poden chegar se seguen traballando” como aseguraba a Deputada, Begoña Estévez, e o Presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luís Pérez, quen subliñaba “que falar de balonmán é falar de Chapela”. O encontro foi presentado este venres no concello de Redondela nun acto no que participaron o alcalde de Redondela, a deputada provincial, o presidente da Federación Galega de Balonmán, o seleccionador galego e o concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, quen agradeceu a colaboración obtida do club de Balonmán de Chapela para a organización deste evento, que agarda “sexa multitudinario e porén convida á cidadanía a participar do espectáculo” que é gratuíto. Ademais dos partidos tamén se inaugurará, ás 18.15 horas, a Escola de Música de Chapela e as obras que se realizaron no pavillón, que contaron cun investimento de 600.000 euros da institución provincial. Asistirán ao encontro o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzan, o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramon Lete e parte da corporación municipal.  

Alcalde Javier Bas
O rexedor local destaca a importancia de que Redondela fose escollida para a celebración deste evento.
Deputada Begóña Estévez
A representante provincial fala das escolas base e da canteira do balonmán galego.
Pte. Fed. Galega de Balonmán
José Luís Pérez fala da calidade da selección o que se demostra nas súa traxectoria e a importancia das escolas base.
Seleccionardor galego Fran Teixeira
O tamén adestrador do Chapela incide na calidade dos xogadores galegos de balonmán que daría fara crear dúas seleccións.
Concelleiro Deportes Jesús Crespo
Convida á cidadanía a participar neste evento deportivo que é de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará