Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas convoca un concurso de contos curtos con categorías para todas as idades

RR_Noticias

Os relatos deberán estar escritas en galego, ser inéditos e non ter sido premiados noutros concursos. Non hai límite de idade, xa que se establecen tres categorías: infantil, xuvenil e adultos. Os gañadores de cada categoría serán premiados con 100 euros. Ademais todos os contos participantes pasarán a formar parte do dun libro recompilatorio.

A Asociación Cultural Froles Mareliñas comeza o ano con novas actividades, e convoca este concurso “para promover a creación literaria entre nenos e adultos”, segundo explica o presidente do colectivo, Modesto González”Tito”. Poderá participar neste concurso calquera persoa que o desexe sen límite de idade, sempre que as obras se presenten escritas orixinalmente en galego, sexan inéditas e non foran premiadas en ningún outro concurso. Establécense tres únicos premios de 100 euros cada un para a categoría infantil, na que participarán os nenos que non superen os 12 anos, a xuvenil na que competirán os participantes de 13 a 17 anos e a de adultos, a partir dos 18 anos. Os contos que se presenten non se devolverán e serán publicados coa fotografía do autor nun libro de recompilación que se denominará “Contos de Froles Mareliñas”, o que será “un fermoso recordo” que cada ano pasará a engordar a biblioteca da asociación. Os que desexen participar poderán entregar os seus orixinais até o 30 de marzo na sede da asociación en Chapela. A extensión máxima das obras será de 8 páxinas tamaño DIN A4, mecanografadas a dobre espazo en letra Arial, por unha soa cara. Deberase incluír obrigatoriamente unha páxina como portada, cunha ilustración a cor, realizada polo autor do conto. O encargado de elixir aos gañadores será un xurado composto por especialistas que non se dará a coñecer até o mesmo día da concesión do Premio. A asociación ten previsto dar a coñecer ós gañadores nunha gala no mes de maio, coincidindo co día das Letras Galegas.  

Modesto González
Desde Froles Mareliñas agardan ter éxito con esta nova iniciativa.
Publicación dos contos
A asociación editará un libro con todos os contos presentados ó certame.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará