Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de Música de Chapela anima ós veciños a achegarse á música nas súas novas instalacións

RR_Noticias

  Imparten clases de máis de vinte instrumentos diferentes, e poden matricularse alumnos desde os 3 anos de idade. Begoña Rial, a directora, sinala ademais que coas novas instalacións nos baixos do pavillón municipal de Chapela contan con máis e mellores recursos para o ensino musical.

O pasado domingo inauguráronse as instalacións da Escola de Música de Chapela, e onte comezaron xa a dar as clases nas novas aulas. Un motivo de satisfacción para a Asociación Cultural e Social de Chapela, que xa trasladou a actividade musical desde o Multiusos do Piñeiral do Crego ao novo recinto. A matrícula está aberta todo o ano para novos alumnos, e xa contan con máis de 140 de todas as idades. Ademais a oferta para elixir instrumento é moi ampla, con máis de 20 especialidades, e están abertos á posibilidade de ampliar a novas disciplinas. O prezo das clases é de 11 euros mensuais para o solfexo e 20 euros mensuais para o instrumento, ademais da cota anual de 15 euros para ser socio da Asociación Cultural e Social de Chapela. As novas instalacións, nos baixos do pavillón municipal, foron inauguradas o pasado domingo polo alcalde, Javier Bas, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. A escola dispón de 346 metros cadrados, con aulas adaptadas ó ensino musical e insonorizadas, tres salas individuais de 15 m2, unha aula de 25 m2, unha sala polivalente de 100 m2, unha fonoteca-biblioteca, ademais da sala de profesores, oficinas de administración e aseos. Os traballos forman parte da remodelación do pavillón, cun investimento total de 485.737 euros, con financiamento do Concello e a Deputación de Pontevedra.  

Begoña Rial directora
A Escola de Música mellora os seus recursos para o ensino grazas ás novas instalacións.
Máis de vinte especialidades
A matrícula está aberta todo o ano sen límite de idade e contan con máis de 20 instrumentos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará