Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación mediará ante Xunta e Goberno polos afectados de NCG

RR_Noticias

Así se comprometeu a facelo o Presidente Deputación de Pontevedra logo de que os afectados irromperan no pleno este venres durante unha xuntanza que mantiña Rafael Louzán cunha trintena de afectados. Mentres, ás portas concentrábanse centos de afectados de toda a provincia de Pontevedra que estiveron acompañados por alcaldes de varios concellos, como o de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén.

Os afectados polas participacións preferentes e subordinadas levaron este venres as súas protestas até as rúas da cidade de Pontevedra. Unha marcha na que participaron plataformas de toda a provincia, entre elas a de Redondela e Soutomaior, que contaron co apoio dunha vintena de alcaldes, como o rexedor local, Javier Bas, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera e o de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias.
Logo de percorrer as rúas da cidade do Lérez a marcha rematou ás portas da Deputación de Pontevedra onde o Presidente, Rafael Louzán, mantiña unha xuntanza cunha representación dos afectados. Mentres estaban reunidos, uns trescentos manifestantes irromperon na sala de plenos proferindo berros e apupos en contra do presidente e pedindo unha solución.
Os afectados abandonaban a institución provincial ás 13.30 horas logo de que o Presidente da Deputación se comprometese a facer “as xestións oportunas para a defensa dos prexudicados” e mediar ante a Xunta e o Goberno Central para que todos sexan considerados como aforradores e non inversores. A Deputación tamén impulsará unha moción sobre as quitas. Louzán tamén anunciou que xa remitiu unha carta ao presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, para que reciba aos afectado.
A Plataforma de Afectados Redondela-Soutomaior continuará co seu calendario de protestas a próxima semana, con concentracións os martes e xoves, diante das sucursais de NCG en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará