Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ioga e ximnasia de mantemento no Viso

RR_Noticias

A Asociación Cultural Santa María do Viso inaugura o ano 2013 con dous novos cursos centrados na revitalización física e psíquica que comezarán o vindeiro mes de febreiro. Un xeito ameno de poñerse en forma ao tempo que os veciños participan da vida da parroquia, favorecendo as relacións sociais.

Os novos cursos realizaranse na Sociedade de Agricultores do Viso. Os luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas impártense as clases de ioga, poñendo a disposición dos interesados o teléfono de contacto 670 044 589 para informarse e inscribirse. Tamén os luns de 19:00 a 20:00 horas e os venres de 17:00 a 18:00 horas terán lugar as aulas de ximnasia de mantemento para adultos, actividade da que poden informarse no teléfono 609 522 976. Xosé Covelo, da asociación cultural, lembra que tamén ó longo do ano teñen aberta a matrícula noutras actividades de música e baile tradicional, como a gaita ou pandeireta. Ademais ofrecen tamén clases de zanfona, a cargo do coñecido músico e luthier Carlos do Viso, que mantén aberta a inscrición para novos alumnos. Os interesados poden achegarse a este tradicional instrumento galego, xa que ademais non é preciso contar con zanfona propia, tendo no centro instrumentos a disposición dos alumnos.  

Xosé Covelo da Asociación Cultural
As clases serven para poñerse en forma e facer vida social.
Clases de zanfona
Aulas impartidas polo músico e luthier Carlos do Viso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará