Un ano máis os usuarios de Biblioteca Municipal de Redondela e da Axencia de Lectura de Chapela escolleron os seus libros preferidos nas categorías de adulto e infantil publicados en 2012. “Os fillos do Mar” do escritor Pedro Feijoo foi a obra máis votada polos lectores de Chapela, converténdose na primeira obra en lingua galega que foi escollida polos usuarios da biblioteca municipal nos anos nos que se leva celebrando esta votación
Os usuarios da biblioteca de Chapela decantáronse pola obra de Antonio G. Iturbe “La bibliotecaria de Auschwitz”. No caso dos libros dirixidos ao público infantil, os cativos redondeláns escolleron as series de Gerónimo Stilton e Os Bolechas, en Chapela e Redondela respectivamente. Entre todos os participantes na votación celebrouse un sorteo no que os escollidos foron premiados cos mellores libros de 2012 segundo os usuarios da biblioteca. Os seleccionados foron Conchi Docampo e Susana Ledo, na categoría de adultos e Helena González e Claudia Hinrichs entre o público infantil.