Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socialistas redondeláns levan o problema das preferentes ao primeiro pleno do ano

RR_Noticias

O PSdG de Redondela pedirá o voto do resto dos grupos da corporación para apoiar aos afectados polas participacións preferentes e subordinades na manifestación que van celebrar o dous de febreiro en Compostela, tamén pedirán que se inste á Xunta a que reactive as arbitraxes e medie co Goberno Central e o Banco de España. Ademais de instar ao resto dos grupos a que se aprobe unha declaración institucional na que se considere aos afectados como aforradores.

O próximo xoves, 31 de xaneiro, o pleno da corporación redondelá, debaterá na sesión ordinaria de xaneiro, unha moción do grupo socialista centrada na “estafa das preferentes que afecta a máis de 67.000 galegos”. Ante “as poucas opcións que teñen os afectados para recuperar os seus cartos”, o PSOE procurarán o apoio do resto dos grupos presentes na corporación local para apoiar institucionalmente a apertura dunha vía de negociación directa e específica para os aforradores de Redondela cos responsables de Novagalicia Banco. Tamén pedirán que o goberno local inste á Xunta á reactivación inmediata do sistema de arbitraxe, poñendo os recursos humanos e materiais necesarios para axilizar os trámites, con igual tratamento para todos os afectados que acudan a esta vía, “sen favoritismos nin tratos preferentes e con total transparencia na aplicación”. Ademais de instar ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a que faga todas as xestións ante o Banco de España e o Goberno do Estado para evitar a quita das preferentes e lograr a devolución de todos os cartos dos afectados que teñan carácter de aforrador. Os socialistas de Redondela tamén aposta pola elaboración dunha declaración institucional, acordada por todos os grupos políticos na que se demande que todos os afectados sexan considerados aforradores, que se derrogue o Real Decreto 31 de agosto de 2012 e que o goberno asuma o custo que supoña a mala comercialización destes produtos bancarios. Os socialistas tamén instará á corporación a que o Concello de Redondela apoie a manifestación convocada polas plataformas ó 2 de febreiro en Santiago de Compostela, tanto con presenza institucional como facilitando transporte para todos os veciños e veciñas que queiran participar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará