Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defensa da Cultura denuncia a limitación horaria nos locais públicos redondeláns

RR_Noticias

Este colectivo, xunto coa Plataforma Cidadá de Redondela, critica que o goberno local “prohiba e limite” o uso dos locais públicos como a Casa da Cultura e o Multiusos da Xunqueira, establecendo máis requisitos para o seu uso. Denuncian que o novo mandato esixe que se soliciten os espazos con sete días de antelación e restrínxense os horarios, impedindo as reunións despois das 21:45 horas.

No caso das fins de semana o Concello só permite facer actos culturais. As asociacións rexeitan o argumento que xustifica este cambio na normativa, que segundo o Concello é “a redución no gasto da luz e calefacción”. A Plataforma pola defensa da Cultura de Redondela e A Plataforma Cidadá de Redondela consideran que os cambios son “unha gran limitación do dereito de reunión nos edificios públicos”, que son edificios de uso público, “pagados co diñeiro procedente dos impostos de toda a cidadanía”. Lembran tamén que en reiteradas ocasións comunicaron ao goberno municipal a necesidade dun local público onde as distintas asociacións poidan realizar as súas actividades e interrelacionarse. Afirman ambas plataformas que o argumento dos recortes “serve unha vez máis de excusa para limitar a capacidade de autoorganización da cidadanía”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará