Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Afectados polas Preferentes agardan do alcalde “un paso adiante” na defensa dos veciños

RR_Noticias

Mañá celébrase un pleno extraordinario no Multiusos da Xunqueira, ás 20.00 horas, no que os grupos da corporación apoiarán unha moción conxunta de apoio á Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Redondela e comarca. Desde o colectivo agardan que se pase “das palabras aos feitos” e que o alcalde, Javier Bas, se comprometa a defender os intereses dos veciños “onde sexa necesario”.

O coordinador da Plataforma, Carlos Míguez, agarda do rexedor redondelán unha implicación maior que a obtida ata o de agora. Logo de que tanto a instancias dos afectados como dos grupos da oposición se aprobaran mocións de apoio, agora piden que o Concello de Redondela vaia “máis aló” para obter algo máis que “boas palabras”. Na moción que está previsto se aprobe mañá a corporación comprométese a dirixirse á Xunta e Goberno Central, así como o Banco de España e FROB, para esixir destes organismos unha solución xeral e íntegra de todos os casos de preferentes e subordinadas, sexa mediante resolución, orde ou outro recurso xurídico. Míguez manifesta tamén o descontento das asociacións de afectados co sistema de arbitraxe “porque non é claro” e as demandas estanse a resolver sen atender a criterios específicos dun xeito aleatorio ou “por amiguismo”. Por outra banda preparan unha gran mobilización na que agardan que estean presentes os alcaldes e concelleiros dos municipios da comarca. A manifestación está convocada pola coordinadora de plataformas de Galicia para o vindeiro sábado día 2 de febreiro en Santiago, con saída ás 11,30 dende a alameda e ata a residencia do presidente da Xunta.  

Carlos Míguez coordinador da Plataforma
Piden un maior compromiso por pare do alcalde para que esixa que se lle dea unha solución aos afectados.
Arbitraxe
Os afectados denuncian que os criterios que se empregan na arbitraxe non son claros.
Manifestación o 2 de febreiro
Convocan as alcaldes e concelleiros a apoiar ós afectados na manifestación de Compostela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará