Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de ampliación de Peinador en horario nocturno están a afectar ós veciños de Vilar

RR_Noticias

Esquerda Unida denuncia estes traballos, que se están a levar a cabo todas as noites desde hai uns meses. Na última semana estase facendo o desterro e transporte da terra, picado de pedras, etc., o que “intensifica o ruído e o trafico pesado”. Estas obras afectan principalmente ós veciños da Baixada os Eidos de Vilar.

A ampliación da pista do aeroporto de Peinador ten por obxecto “gañar 8 minutos nas operacións de aterraxe e despegue” das aeronaves. Por outra banda servirá para facer un acceso directo da AP-9, e conta cun orzamento de 8,5 millóns de € . EU lembra que cando se proxectou a ampliación estimábase que o aeroporto alcanzaría os 4 millóns de pasaxeiros ó ano. Pero os datos revelan outra realidade. Dende o ano 2007 o aeródromo vigués perdeu 576.280 pasaxeiros, rexistrando a finais do ano 2012 un total de 828.720 viaxeiros. Un declive que Peinador non foi quen de superar malia contar con varias subvencións por un total de 2 millóns de € ó ano para os voos de baixo prezo. Dende Esquerda Unida opóñense a esta “faraónica” ampliación que vai “dilapidar” 67,8 millóns de euros do erario publico, nun aeroporto que consideran “non competitivo e deficitario”. Advirten tamén que cando entre en funcionamento o AVE Peinador será “inviable economicamente”. Esta situación leva a EU a demandar do goberno municipal “que defenda os intereses dos veciños” de estas infraestruturas como o aeroporto, AVE e AP-9, que “precarizan” a súa calidade de vida e “empobrecen” o seu benestar social ao desviar “millonarias partidas de prestacións publicas para petos privados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará