O equipo de Preferente Sur escala ata a quinta praza do grupo logo de impoñerse en Santa Mariña ó Areas por 2-0. No balonmán o Solla&Cía Chapela é líder da Primeira Nacional ao gañar en terras asturianas. A mala nova chega do fútbol sala, con derrota do F.S. Redondela en Lavadores.
Preferente sur
Choco 2-0 Areas
O Choco cambiou de estilo para enfrontarse a un duro rival, fíxoo cun xogo máis defensivo, e acertou, porque os redondeláns afrontaban esta xornada un complicado compromiso ante o segundo clasificado e máximo goleador da categoría con 52 tantos a favor. Os pupilos de Jacobo Montes, que viron como un temperán tanto de penalti púñalles o choque de cara, realizaron un excelente traballo defensivo e deixaron sen argumentos aos perigosos dianteiros do Areas, non concedendo practicamente ningunha ocasión de gol ao seu rival para encadear a súa cuarta vitoria consecutiva e empolicarse á quinta praza.
Balonmán- Primeira Nacional
Covadonga 26-31 Solla&Cía
Os de Chapela impuxéronse ao Covadonga e xa son líder da clasificación. Logo de conseguir un triunfo en terras asturianas os de Fran Teixeira escalan ao máis alto da táboa, un punto por diante do Zamora.
Futbol Sala
Lavadores 7-1 Redondela
Non foi en liñas xerais un bo partido dos redondeláns, sobre todo na fase ofensiva, pero o rigor táctico, a concentración e a intensidade que lle imprimiron ó encontro, fixo que se chegara a falla de 1´25´´ co esperanzador resultado de 2-1 en contra, que deixaba moitas posibilidades de levar algún regalo para Redondela. A falla de 1´30´´ o técnico Julio Mougán decide apostar pola figura do porteiro xogador, non tendo nada que perder. Esta decisión non puido ser máis nefasta, de aquí o final de encontro os goles foron caíndo ata o resultado final de 7-1. O próximo domingo volven os redondeláms a xogar un partido na casa, e será novamente ante un rival de moita entidade, o colíder T.ABC Vigo.