Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cambio climático arde en Redondela

RR_Noticias

A choiva e o frío non impediron que milleiros de persoas gozaran onte na vila do Martes de Entroido, con disfraces de todo tipo que animaron a festa desde o mediodía. Pola tarde celebrouse o concurso Entroido Libre e as actividades remataron coa queima do Meco. Unha carroza fúnebre trasladou un globo terráqueo rodeado de acróbatas que representaban o quecemento do planeta, cun novidoso espectáculo de luz, son e lume que rematou con fogos de artificio.

Logo de todo un día de troula carnavaleira con música, baile e os típicos “botellóns” da mocidade, chegou a cita máis agardada do Entroido redondelán. O Meco chegou nun coche fúnebre antigo sobre o que os artistas e acróbatas facían un espectáculo plástico para representar “a purificación” e a queima do cambio climático. Antes a música con animación infantil, o grupo de percusión Aperta e a orquestra Ismael foron os encargados de poñer música e baile a esta festa. No concurso Entroido Libre en categoría individual gañou o disfrace de “Cabeza de Bob Marley” e segundo quedou “Caramelo de fresa”. En parellas gañou “Red Bull” e foron segundos os debuxos animados “Yoshi e Toad”. O premio ao mellor grupo foi para “Lembrando ó Mono Paco”, e o seugndo para “Banda de Música”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará