Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda a Fomento melloras nas tres estradas nacionais que cruzan Redondela

RR_Noticias

A portavoz nacionalista Olaia Fernández Davila subliña que é preciso adoptar medidas que melloren a circulación en varios puntos do municipio debido ó aumento de tráfico por estes viais debido aos altos prezos das peaxes da AP-9. Mentres obras menores de reparación do asfaltado na N-550 están a causar retencións de tráfico en Redondela.

Davila rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandar a Fomento a mellora de varias estradas estatais ao seu paso polo concello de Redondela: a N-550, a N-552 e a N-555. A deputada no Congreso resalta o mal estado de estes viais que poñen en perigo a vida de moitos condutores. Ademáis, subliña que os elevados prezos das peaxes da AP-9 derivaron moito tráfico cara estas estradas estatais. O Bloque lembra que a corporación municipal de Redondela elaborou “un catálogo de reformas que se deberían acometer e trasladarllas a Fomento”. Neste sentido, considérase necesario construír unha rotonda no alto das Tapias de Saxamonde, melloras no cruce da N-550 e da N-552 na zona de Salceda de Vilavella coa instalación dunha rede de semáforos e pasos de peóns. Outras demandas son a construción dunha rotonda e beirarrúas no acceso ao colexio público de Cesantes e unha rede semafórica na N-552 á altura do barrio de Rande na parroquia de Cedeira.

Reparación do asfalto na N-550
Obras menores de reparación do asfaltado na N-550 están a causar retencións de tráfico nos últimos días na estrada que une Pontevedra e Vigo. Os traballos, que se veñen facendo desde a capital do Lérez, xa ocasionaron problemas de circulación nas pasadas xornadas na zona de Cesantes e agora céntranse nas inmediacións de Santa Mariña, en Redondela. Os traballos están a provocar longas caravanas en ambos os sentidos á altura do “escalextri”, tanto para os que circulan en dirección a Pontevedra como os que o fan cara Vigo ou O Porriño. A reparación do firme, que se fai de maneira alternativa nos dous carrís, implica o fresado e o novo asfaltado da estrada, o que obriga a alternar o paso dos vehículos. Os traballos continuarán nos vindeiros días.
 
 
 
 
 
Os traballos están a provocar longas caravanas en ambos os sentidos á altura do “escalextric”, tanto para os que circulan en dirección a Pontevedra como os que o fan cara Vigo ou O Porriño. A reparación do firme, que se fai de maneira alternativa nos dous carrís, implica o fresado e o novo asfaltado da estrada, o que obriga a alternar o paso dos vehículos. Os traballos continuarán nos vindeiros días.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará