A da oficina de turismo municipal de Redondela é unha das 34 bolsas que vén de convocar o organismo provincial. O prazo para presentar as solicitudes na Deputación remata o 6 de marzo.
Entre os requisitos para solicitar a bolsa é preciso posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou o de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. Os aspirantes non deben ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitude, nin contar con experiencia laboral previa na profesión. Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800 euros mensuais. Toda a información sobre as bases, requisitos e o formulario de solicitude poden atopalo na páxina web da Deputación de Pontevedra.