Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas preferentes boicotean a inauguración da exposición de Bellver no Multiusos

RR_Noticias

Un grupo de afectados polas preferentes boicotearon onte a inauguración da exposición de fotografía de José Bellver que se poderá visitar no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 31 de marzo. Os pitos e berros emitidos polos manifestantes impediron ao alcalde, Javier Bas e a deputada provincial Marta Igresias celebrar o acto que estaba previsto para as 20:00 horas de onte.

A mobilización non estaba anunciada xa que se tratou dun acto “espontáneo” segundo palabras dun dos manifestantes, Carlos Igrexas, quen insistía en que con este tipo de intervencións o que queren é facer ouvir as súas demandas e presionar para que se axilice, por parte dos responsables políticos, unha saída para os afectados polas preferentes. A colección que se poderá ver ata finais do vindeiro mes de marzo no Multiusos inclúe un total de 61 imaxes realizadas entre 1920 e 1950, e forma parte do programa de colaboración en materia cultural cos concellos da provincia. A deputada provincial Marta Iglesias animaba aos veciños a se achegar a esta mostra, na que se inclúen imaxes das celebracións das festas da Coca durante a primeira metade do século XX. José Bellver Álvarez (Ponferrada, 1896 – Pontevedra, 1968) practicou unha intensa afección pola fotografía, que compaxinou coa pintura e máis tarde co cine, dende o inicio da década dos vinte, en que foi destinado á localidade pontevedresa de Cambados para exercer de xuíz de primeira instancia. Ademais de realizar fotografías de carácter costumista e familiar, na súa obra predominan os temas nos que o mar e as súas xentes son os protagonistas, prestándolle gran atención ao tratamento da luz e conseguindo crear unha atmosfera na que destacan os contraluces. A exposición pode visitarse no Multiusos da Xunqueira ata o 31 de marzo, en horario de luns a venres, de 08:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas.  

Mobilización dos afectados
Os veciños fixéronse notar no acto de onte
Maior axilidade
Carlos Igrexias esixe máis axilidade para attopar unha solución
Marta Iglesias deputada provincial
Dende o organismo provincial animan aos veciños a achegarse a esta exposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará