A Unidade do Servicio de Vixilancia Aduaneira de Pontevedra en colaboración coa de Vigo arrestaron onte aló menos a dez sospeitosos de participar nunha rede de empresas para defraudar o IVE. Entre os detidos atópase una matrimonio de Redondela, propietarios dunha empresa informática, que está previsto pase hoxe a disposición xudicial. Os detidos terían cometido un delito de fraude fiscal superior a 120.000 euros
A investigación leva varios meses aberta e non se desbotan novas detencións, xa que se trataría dunha ramificación da operación Marcianito, tamén de fraude fiscal. Entre os implicados está un matrimonio de Redondela cuxa empresa de informática foi rexistrada onde por media ducia de funcionarios da Axencia Aduaneira. Os axentes leváronse discos duros, portátiles e caixas. O resto dos detidos, aló menos oito, corresponden a outras localidades.
A operación continua e con total hermetismo oficial.