Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de arranxos domésticos en Saxamonde

RR_Noticias

Arranxar unha billa, cambiar un enchufe ou reparar unha cadeira son tan só algunhas das “chapuzas” ás que poderemos aprender a facerlle fronte no curso de arranxos domésticos que a partir do 8 de marzo se vai impartir na Casa Cultural de Saxamonde. As persoas interesadas pódense inscribir no teléfono 666934347.

O Centro Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde quere contribuír ao reforzo das habilidades domésticas ofrecendo un curso de Reparacións domésticas. O Curso pretende ofrecer coñecementos básicos necesarios para que calquera poida facer fronte a situacións de emerxencia doméstica tales como unha pingueira no lavabo, un enchufe que non funciona ou unha pata de cadeira ferida. En termos populares, o curso poderíase titular “Chapuzas domésticas” e está destinado a todos os públicos maiores de 16 anos que teñan certas dificultades en afrontar estas situacións.
Os contidos divídense en catro módulos: fontanería, albanelería, carpintería e electricidade. A metodoloxía será teórico práctica primando a solución de situacións concretas.
O curso terá lugar no Centro Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde os venres de 17:30 a 20:30 a partir do 8 de marzo. O prezo de inscrición é de 10 euros para socios e 20 para non socios. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 666934347.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará