Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de día de Cesantes abrirase ao público neste mesmo ano

RR_Noticias

A Concelleira de Servizos Sociais, Teresa París, asegura que non hai ningún cambio no compromiso acadado pola Xunta polo que as prazas do Centro de día de Redondela deberían ofertarse ao público neste mesmo ano 2013. Con todo a edil confirma que aínda non hai data concreta de apertura.

A visita da Conselleira Beatriz Mato a Redondela nesta mesma semana levou ao BNG a demandarlle ao alcalde información sobre a posta en funcionamento do Centro de Día de Cesantes, cuxas obras remataron xa hai meses sen que podo de agora o centro teña aberto as súas portas. A formación nacionalista solicitaba datos concretos sobre os prazos que manexa o goberno galego para a posta en marcha desta infraestrutura, uns datos que a Concelleira Teresa París recoñeceu non poder proporcionar aínda que confía en que se cumpra o compromiso da Xunta que pasa por ofertar as 51 prazas das que dispón o Centro neste mesmo ano 2013. Sobre o atraso que arrastra este servicio, entende a edil popular que responde a temas burocráticos internos da propia consellería “que está adaptando os orzamentos e as partidas económicas para a contratación do persoal e a dotación material do centro”.Unha falta de concreción que non convence ao BNG, quen ten previsto trasladar novamente esta cuestión ao Parlamento galego.    

Teresa París edil de Servizos Sociais
A Xunta mantén os prazos que daban como data de apertura este 2013
Sen data concreta
Contratación de persoal e dotación de material

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará