Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un redondelán, testemuña no caso Gürtel

RR_Noticias

O xuiz que instrúe o caso Gúrtel na Audiencia Nacional, Pablo Ruz, citou como testemuñas para o vindeiro 7 de marzo aos responsables das empresas El Zurdo S.L. e Intergoblo, en calidade de organizadores de diferentes eventos infantís para o matrimonio Sepúlveda-Mato que supostamente terían sido pagadaos pola trama Gúrtel. O redondelán Luis Crespo é, xunto con Luis Bermejo, o fundador da compañía de teatro El Zurdo e terá que declarar o vindeiro xoves.

Luis Crespo, responsable da organización do Festival Internacional de Títeres, non imaxinaba no ano 2001 e 2002 que unha contratación da súa compañía, Producciones El Zurdo, para unha festa de cumpreanos ía acabar sendo investigada polo xulgado. Un traballo máis que tanto el como o seu socio realizaron sen reparar en que o homenaxeado era un dos fillos do matrimonio dos populares Jesús Sepúlveda e a actual Ministra de Sanidade, Ana Mato. Unha década despois e a raiz das investigacións en torno ao caso Gürtel, Crespo é chamado a declarar porque supostamente o custe desta contratación foi abonado como parte dos agasallos que Sepúlveda tería recibido da trama Gúrtel.
A Unidade contra da Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) en base a  documentación contable da “Gurtel” remitiu ao xuiz un informe no que aseguraba que a trama de corrupción tería pagado a Sepúlveda e Mato os gastos de varias festas familiares. Producciones El Zurdo aparece na contabilidade como unha das empresas que se contratou para unha festa con paiasos e globos celebada o 9 de xuño do 2001 no chalé que Mato e Sepúlveda compartían nunha urbanización de Pozuelo de Alarcón.
Por este motivo, Luis Crespo terá que comparecer xunto co seu socio na Audiencia Nacional o próximo 7 de marzo para declarar en calidade de testemuña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará