Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alejandro Otero postúlase como persoeiro do ano 2013

RR_Noticias

A proposta, que foi remitida ao concello pola Asociación Cultural Alejandro Otero Fernández, salienta as achegas que no ámbito cultural, científico e filantrópico realizou este redondelán ao longo da súa vida. Lembran a idoneidade de que sexa este ano o dedicado a súa figura tendo en conta que no 2013 se conmemoran os 125 anos do seu nacemento.

A Comisión de Cultura encargada de elixir ao persoeiro do ano 2013 terá que sopesar as diferentes candidaturas remitidas ao concello ata o pasado 28 de febreiro. Ernestina Otero ou Rita Regojo son, xunto con Alejandro Otero, as tres candidaturas que diferentes colectivos culturais e sociais propuxeron para ser homenaxeados durante este ano. Con todo, é a proposta presentada pola Asociación Cultural Alejandro Otero a que parece mellor posicionada tendo en conta que neste ano se conmemora o 125 aniversario do nacemento do médico e político socialista, un nacemento que tivera lugar o 14 de decembro de 1888 na casa familiar paterna que se atopa na actual rúa Reveriano Soutullo. A Asociación Cultural salienta os seus méritos no ámbito da medicina, sendo o responsable de introducir o uso de luvas de goma para operar, e da docencia como catedrático de xinecoloxía e obstetricia ou como rector da Universidade de Granada. Salientan ademais a súa destacada labor política, comosendo concelleiro en Granada nas eleccións municipais de 1931. Os promotores da candidatura fan fincapé na íntima relación que durante a súa vida sempre mantivo Alejandro Otero con Redondela, incluso dende o seu exilio en México. De feito, os seus restos mortais repousan no cemiterio de Os Eidos en Redondela, no panteón familiar. Programa de actividades Unha vez decidido o persoeiro do ano, deseñarase un programa de actividades a desenvolver durante todo o 2013 co gallo de divulgar a vida e obra do homenaxeado. A Asociación cultural Alejandro Otero entende que entre as actividades a desenvolver debería levarse a cabo un plan de charlas nos centros educativos, facer efectivo o acordo plenario de nomear a praza anexa á Farola co nome de Alejandro Otero e colocar unha placa na súa casa familiar.  

Isaac Araujo vicepresidente da Asociación
Ano clave para Alejandro Otero
Outras propostas
A familia Otero destaca en Redondela
Actividades de recoñecemento
Espallar a súa vida e a súa obra é o obxectivo de dedicarlle este ano a Alejandro otero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará