Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Concellería dedica o Día da muller ás mariscadoras

RR_Noticias

As actividades que organiza a Concellería de Igualdade arrancan este venres día 8, data na que se conmemora o día da Muller coa inauguración no Multiusos da Exposición “Mulleres, en realidade” e a participación das Mariscadoras de a pé da confraría de Redondela. A continuación o alumnado do Conservatorio de Música ofrecerá un concerto aos asistentes.

As actividades seguirán o mércores 13 de marzo coa celebración dun mesa redonda onde participarán representantes de sindicatos, partidos políticos e empresariado onde se falará da situación laboral da muller, agravada nos últimos tempos pola crise económica. Unha conversa que terá lugar na Casa da Cultura ás 19:30 horas. Tamén participará das actividades a psicóloga e directora do Centro de Información ás Mulleres, Marina Iglesias impartindo dúas charlas o xoves 14 ás 16:30 horas na asociación de mulleres Agarimo de Chapela e o xoves 21 ás 18 horas no centro cultural de Cesantes baixo o título “Camiñando cara unha sociedade máis xusta” A Asociación Maimiña será a encargada de poñer o punto e final ás actividades previstas cunha charla na Casa da Torre o día 22 ás 18:00 horas na que se falará da conciliación da vida laboral e familiar.  

Sandra Alonso Plata técnica de Igualdade
Actividades día 8
Mesa redonda
13 analizarase a situación da muller no mercado laboral
Charla de Maimiña
As charlas tamén están presentes no programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará